No Proxecto Buserana estamos moi contentos. Todos os muxiáns e a xente que amamos a música estamos contentos. Porque un home bo e xeneroso foi recoñecido no seu municipio : O Concello de Muxía concedeu o Premio María Amelia 2015 a José Manuel Pazos, “Pazos de Merexo”

Pazos de Merexo na entrega do Premiop María Amelia. Foto de Angel Manuel Castro
“Polo seu traballo a prol da música tradicional galega, gardando e transmitindo ás xeracións valores como o amor á música e ás nosas tradicións,levando con dignidade o nome de Merexo xunto ao seu propio e constituindo el mesmo un tesouro vivo que enriquece coa súa arte o patrimonio inmaterial de Galicia e especialmente da Costa da Morte”, así consta no texto do diploma que o Alcalde Félix Porto entregou a Pazos, xunto coa estatuilla do Premio
Pero a cousa non queda aí. Temos que celebrar, ademais un acontecemento importantísimo para a música galega, e especialmente para Muxía, como é a edición do libro-cd
“Pazos de Merexo. O acordeón diatónico da Costa da Morte” , dos autores Xurxo Souto e Pedro Pascual , e que constitúe unha cuidada e rigurosa monografía
que publica o Concello de Muxía e a colección Chave Mestra, ( dirixida por Ramón Pinheiro Almuinha) a iniciativa de
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acordeón para as novas xeracións .
O acto de presentación do libro e entrega do Premio María Amelia tivo lugar este domingo, 12 de abril de 2015 e foi un acto moi emotivo e entrañábel do que disfrutamos moitos veciños e veciñas e tamén quen quixo achegarse dende diferentes lugares de Galicia.

capa do libro
PAZOS DE MEREXO, O ACORDEÓN DIATÓNICO DA COSTA DA MORTE recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun Cd no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravación inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclue unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá –no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega.
Xurxo Souto e Pedro Pascual, os dous autores do libro, son profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente único e inescusábel para as novas xeración de músicos e afeizoados. Ambos teñen compartido inúmeras horas con Pazos tanto en Merexo como en distintos pontos de Galiza e teñen sido destacados divulgadores entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.