OS DOCES DE MUXÍA
TARTA DE AMÉNDOAS
Ingredientes: ovos , azucre ,lévedo en pó, limón, améndoa moída e coñac.
Batemos todo xunto , menos a améndoa e o coñac que se engadirán ao final. Verquemos a mestura nun molde previamente untado con manteiga. Cócese a 200º durante 60 minutos
BISCOITO («BIZCOCHÓN»)
Ingredientes: ovos, anís, limón , lévedo en pó, azucre, fariña
Batemos todo xunto menos a fariña que engadiremos ao final.Botamos a mestura en moldes previamente untados con manteiga. Cócese a 200º durante 60 minutos
PAN DE OVO
Ingredientes: ovos, fariña, anís, azucre,manteiga de porco ou vaca según gusto, limón e lévedo
Amasar todo xunto ata obter unha pasta non moi blanda , deixamos fermentar en bloque unhas catro horas e dáselle forma trenza, roscón ou bolo.Cócese a 200º durante 15 minutos
BUDÍN:
Ingredientes: pan ( adoitase facer nas casas para aproveitar o pan reseso), leite, azucre, ovos, anís , figos secos e pasas ( nota nosa: hai quen aromatiza con cominos e dalle un sabor moi bo)
Ponse o pan a remollo no leite ata que estea blando, e logo engadimos o resto dos ingredientes e mesturamos todo. Verqueremos a mestura en moldes previamente untados con manteiga. Cócese a 200º durante 60 minutos
TARTA DE AMÉNDOA DE FINA CAAMAÑO
Ingredientes:: 9 ovos, 1/2 quilo améndoaa moida, 1/2 quilo azucre,1 Chorro de Coñac, raiadura dun limón.
Bater a man os ovos e engadimos o azucre e a raiadura de limón ; seguimos batendo ata que faga rosca; a continuación, engadimos a améndoa moida e o coñac , removemos e cando estea todo ben mesturado pasámolo a un molde con papel graso. Introducimos no forno a 170º durante trinta minutos( os 10 últimos tapámola por riba con papel de aluminio) dependendo do tipo de forno. Facemos a comprobación metendo un palillo e, se sae seco, sacamos do forno, deixamos repousar durante cinco minutos e a continuación desmoldamos. Adornamos con azucre glas e unhas froitas. Deixar enfriar e lista para comer.
OBRADOIROS DE DOCES NO ANTROIDO
No Antroido sempre facemos obradoiros de doces tradicionais cos nenos e nenas. Teñen moito éxito. Os rapaces aprenden a preparar orellas e roscas de anís e así promovemos o consumo e disfrute dos doces típicos do Antroido, cociñados na casa e moito máis saudables que os doces envasados que podemos mercar.
- Neste sitio iremos engadindo información e receitas sobre os doces e outros pratos que adoitamos cociñar en Muxía.