Vídeos

 
SECANDO AO VENTO , de RICARDO LLOVO, sobre os nosos secadoiros
Un video que é moi recomendable para quen queira coñecer de primeira man o secado artesanal do congro que só se conserva en Muxía- e do que temos información neste mesmo blog , no apartado de Secado do congro– é Secando ao vento  de Ricardo Llovo, que foi gravado nos secadeiros de congro de Juan Diz. Convidámosvos a velo pinchando aquí: Secando ao vento.
************************************************************************************
AVOAS DE MUXÍA
” Avoas de Muxía. Historias de vida e memoria do noso concello” é un video que fixemos no Concello de Muxía, no ano 2009 dentro dun proxecto de visibilización do traballo da muller e recuperación da memoria colectiva no noso municipio. O proxecto uniu as xeneracións máis novas xunto con avoas de Muxía. Levouse a idea aos centros educativos e a psicóloga do CIM de Muxía, Soledad Agra colaborou cos nenos e nenas para preparalos e que fixeran entrevistas ou conversas coas avoas . O video está subvencionado pola Deputación da Coruña .
Conseguise que os rapaces/as se implicaran e foran quen conversaran coas avoas para facer este video,  nunhas sesións que serviron de contacto interxeneracional e de aprendizaxe para os/as participantes.

Avoas de Muxía from Proxecto Buserana4 on Vimeo.
VÍDEOS APORTADOS POR COLABORADORES :
O vídeo que podedes ver a continuación foi feito polo mariñeiro Manolo Rey ( Manolo de Lilita) ao que agradecemos moitísimo que comparta con nós estas imaxes do seu traballo e dos seus compañeiros. O Playa de Muxía, o barco que aparece nestas imaxes, xa non existe, é un dos moitos barcos muxiáns que foron ao desguace.

O Playa (parte 1) from Proxecto Buserana3 on Vimeo.
*******************************************************************************
Os seguintes videos son colaboracións que nos aporta Pepe Toba Pérez ( Pepe da Rapa), mariñeiro e afecionado á fotografía e ao video, ao que temos que agradecer que comparta con nós estes vídeos dos percebeiros na Pedriña e da pesca a bordo do Farelo,de Muxía.

Rascos no Farelo from Proxecto Buserana2 on Vimeo.

Percebeiros na Pedriña from Proxecto Buserana2 on Vimeo.
*********************************************************************************
Para o Proxecto Buserana comezamos unha recollida de imaxes, como as que mostramos a continuación e nas que colaborou Marlene Sar. Hai que agradecer a súa colaboración ás mulleres que falaron para a cámara . Os vídeos están sen montar , e son unha mostra do material que temos:

Manuela de Santiago from Proxecto Buserana on Vimeo.
 

Maruja da Chanceira from Proxecto Buserana on Vimeo.
PEPE DO ALLO, O COMPOÑEDOR DE CABERTA
Traballo de QPC sobre o compoñedor de caberta, Pepe do Allo.

Os compoñedores/as, un saber en perigo de extinción