Na seguinte ligazón podedes entrar no mapa de Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa para a conservación dos topónimos da nosa comunidade:
https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/visor
Se pinchades no mapa que aparece na ligazón, podedes ir ao noso concello e achegando o zoom veredes os topónimos de Muxía que temos subidos á plataforma.
Se queredes propoñer algún topónimo que non vexades no mapa podedes contactarnos no mail: proxectobuserana@gmail.com, ou enviarnos un comentario nesta páxina.
¿Onde está a Praia da Cruz ou o lugar da Cruz. ?O sea o meu territorio. Tamén deberíades añadir os nomes das pedras. Lexiña etc etc…
Se acercas o mapa verás que a Praia da Cruz xa está posto. Os nomes das pedras tamén os iremos poñendo, pero é un proceso que teremos que ir facendo pouco a pouco, pois leva moito tempo . Agardamos a colaboración de todos para ir engadindo nomes. Grazas pola túa suxestión.
LEXIÑA, vale; os ETC non valen p’a nada..- “Barca”, en Malpica (excepto catro vellos lobos de mar) as axudas que recibo son igualiñas á túa: moita esixencia e pouca colaboración. Non quero ofender, só rogarche colaboración con ese proxecto muxián. Se ben non sei quen leva ese proxecto e se cobra ou non por elo, é moi boa idea e doulle todo o meu ánimo (porque coñecementos sobre Muxía non teño)..- Acabo de entrar nesta páxina por 1ª vez, e vou ir tomando boa nota para seguir co meu “proxecto” (por desgracia en solitario, ata agora)..-
Ola Adrián, son Viki Rivadulla e levo este proxecto. Non, non cobro por elo. É algo que fago de forma totalmente voluntaria e como boamente vou podendo e asegúroche que me gustaría ter máis tempo para el e tamén agradecería máis colaboración. Eu quero que sexa un proxecto de tódolos muxiáns e agradezo moito a quen me vai enviando fotografías. Non sei que proxecto levas , pero dis que en solitario, eu tamén traballo soa e vou solicitando colaboración de quen queira axudar.Os comentarios para min tamén son unha axuda, e sei que a xente moitas veces non quere esixir, senón que queren darche ideas do que podes facer.Eu estou agradecida a todo o que entra no blog e ten un momentiño para enviarme un comentario.
E asegúroche que a satisfación é moita por poder contribuir dalgún xeito a poñer en valor a memoria e o patrimonio do meu pobo.Ánimo co teu traballo que seguro ha de ser valioso para Malpica. Apertas
Pingback: As crebas » Benvida e parabéns ao «Proxecto Buserana. Muxía, pola defensa do Patrimonio Cultural Inmaterial»