Colaboracións

Colaboracións de X. H. Rivadulla Corcón:
“Catro símbolos da cultura mariñeira” (pincha  para ler o artigo)
Este artigo que comparte con nós X. H. Rivadulla Corcón está publicado na revista dixital Feito na casa 
*************************************************
Poemas de Carmen:
Unha veciña de Muxía, con moita sensibilidade e  premiada en varios concursos de poesía envíanos estes poemas , para compartir con nós. Algúns dos seus poemas foron premiados pola desaparecida Asociación Punta da Buitra, unha asociación que fixo moito polo patrimonio inmaterial do noso municipio e á que tamén homenaxeamos a través dos poemas de Carmen (así, só co seu nome, quere presentarse). Para ler os poemas pinchade no enlace:
Poemas Carmen
****************************************************************
Artigo de Viki Rivadulla:
O papel da muller na Costa da Morte  ( pincha no nome para ler o artigo)
******************************************************************
Colaboracións de Manuel Vilar Álvarez:
Touriñán
Festa e identidade nunha parroquia de Nemancos
(pincha nos nomes para ler os artigos)
********************************************************************************
Colaboracións de José Enrique Benlloch del Río:
A orixe dos Benlloch no Finisterre galego
Muxía. Evolución histórica da súa preservación
O priorado de Moraime. Acotacións históricas. Séculos XI-XVII
Muxía. Apuntamentos para a súa historia. Séculos XII a XVI.
Podes ler pinchando no nome do artigo.
*****************************************************************
O fotógrafo Xusto Fisterra envíanos un conto sobre a lenda da Buserana que podedes ver no seu blog: http://xustofisterra.blogspot.com.es/2010/03/xan-das-crebas-iv.html
******************************************************
Colaboración do CEIP Plurilingüe da Serra de Outes, na aula de Audición e Linguaxe que nos fai chegar a súa mestra Sonia Sánchez Guerra:
No 2017desenvolveuse un proxecto de traballo de investigación sobre Mitos e Lendas de Galicia. En concreto, na aula de Audición e Linguaxe, o alumnado investigou sobre lendas galegas que están ubicadas en localizacións nas que a auga é un elemento significativo do contido, xa sexa polas características propias da mesma ou porque serve de lugar no que albergar seres extraordinarios do imaxinario popular. Unha das lendas que escollemos para traballar foi a da Furna da Buserana, ubicada no seu concello.
A partir das investigacións que foi realizando o alumnado fixéronse localizacións xeográficas no mapa e tamén se empregou o Google Maps para observar o concello de preto e na realidade. Posteriormente o alumnado construeu un conto sobre a lenda. Tamén estivo a investigar o formato do Álbum Ilustrado e tras descubrir que non existe ningún Albúm Iustrado sobre esta lenda para nenos/as decidiron elaborar  un.
Parécenos moi interesante polo valor que conleva: é un proxecto de nenas e nenos  feito para os nenos e as nenas. Se clickades no seguinte enlace podedes ver o pdf do álbum :
album A Furna da Buserana
 
 
 
 
 
 
 

3 reflexións sobre “Colaboracións

  1. Sobre o traballo da muller “na Costa do Solpor” ainda queda por estudar sociolóxicamente o das “panilleiras ou palilleiras” que tantos cartos aportaron o domicilio familiar, cando as invernías eran duras, e os barcos estaban no morto, sen poder sair a faenar.
    A mediados do s. XVIII Muxía tiña trinta e seis homes no negocio do encaixe, e había corenta e dúas mulleres neste oficio.
    A esto hai que engadir outros oficios, nos que a muller, pola súa evolución histórica foise incorporando como profesional.
    E tamén, por que non decilo, saío a emigración europea para axudarlle o seu home, ou a familia que quedaba cos nenos na vila.

    • é certo , José Enrique, ainda temos pendente ese traballo sobre as panilleiras que tan importantes son na historia de Muxía e en toda a Costa da Morte. Saúdos

      • Ao fío do comentario de Benlloch , é unha boa nova saber que xa existe un traballo estupendo sobre as palilleiras, a tese doctoral da antropóloga Guadalupe Jiménez Esquinas “Del paisaje al cuerpo. una crítica feminista de la patrimonialización del encaje de la Costa da Morte”. Guadalupe é na actualidade profesora na Universidade de Santiago de Compostela, facultade de Filosofía.

Os comentarios están pechados.