Fixemos unha recollida de palabras e expresións do vocabulario muxián para recuperar e salvagardar a nosa forma de falar.
A recollida fíxose pola rúa, en establecementos de hostelería onde se deixaron unhas follas para que a xente fora anotando as palabras e expresións que quixera, xunto coa súa definición. Tamén se fixo a recollida nos centros educativos municipais, aos que hai que agradecer a súa colaboración.
Se queredes colaborar enviando expresións, palabras, adiviñas, cantigas, refráns, ou calquera outra cousa relacionada coa nosa língua estaremos encantados de recibilo en : proxectobuserana@gmail.com.
Anímate a participar!
NOMES DE GAMELAS
A embarcación dun mariñeiro é unha parte máis da casa, ou da familia. Cando en Muxía aínda existían as casas típicas mariñeiras,- das que quedan moi escasas- o mariñeiro pintaba as portas , as contras e as ventás da casa coa pintura que sobraba de pintar os barcos e gamelas.
Por eso as casas de Muxía tiñan esas cores tan vivas e bonitas nas súas portas e ventás : azul, vermello, verde… e as paredes eran brancas, de pedra caleada para protexer os muros das inclemencias do tempo. Adoitaban levar un zócalo pintado tamén en cor. As casas tiñan diante un patin.
A lancha típica de Muxía é a gamela .

Gamelas de Muxía. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta
Aí vai unha lista de nomes de gamelas de Muxía que recolleron no Bar O Prestige, durante a campaña de recollida de vocabulario muxián que organizamos dende o Concello. Vaia o noso agradecemento para María, a propietaria do Bar O Prestige, por esta recollida ( e a doutras moitas palabras que nos trouxo e que recolliu dos seus seareiros):
Nome da ghamela Propietario
Así es la vida | Antón de Blanca |
A ti que che importa | José , O Carrasco |
Soy Solo | O Percha |
Yo sigo | Francisco, o Ghomato |
A soberbia | Eduardo, O Rata |
Bajademar | Santi de Ubalia |
A Pechecha | Francisco, O Pechecho |
La Llenca | Sergio |
A Chicha | Jesús , O Viudo |
Que dirán de mi | |
Ya verás | |
Lucha | Manolo Mío |
Gransolera | O Chiribí |
Mónica | José Manuel , da Barbeira |
Sirena del Mar | Leuterio |
Adoración | Cafachos |
Catalina | Ramón, o Coxo de Vitorino |
Laura | Yoni |
Estás como nunca | Juan da Boleca |
Mediterraneo | Antón do Cochino |
Dolores | Panchuco |
Dulce | Eduardo, O Ciclón |
Gallina Blanca | Polito |
Crusita | Machín |
Francisca | Ghaliñeiro |
Dos soles | Manolo- Santiago |
Marina | Camilo da Rapa |
Alcatrás | Tosileta |
Ambuma | Ghelito |
Estás como nunca | Antón de Blanca |
Tiburón | Ghelucho do Sapateiro |
A Barca | O home de ferro |
Lola | Lolo de Pixitas |
RECOLLIDA DE PALABRAS E EXPRESIÓNS NA RÚA E NOS CENTROS EDUCATIVOS
A lista que mostramos a continuación son palabras e expresións que se recolleron entre a poboación e que , se ben a maioría non son palabras exclusivamente muxiás, si que a xente de Muxía as identifica como do seu falar propio. As palabras e as definicións están recollidas tal como as anotaron as persoas colaboradoras ( poñendo as letras gh, onde había j, por non existir esta letra no alfabeto galego)
PALABRA OU EXPRESIÓN | SIGNIFICADO QUE APORTA QUEN A INSCRIBE |
A FANECA ESTÁ NA CADEIRA | Dise para fastidiar a outro que pescou menos ca ti |
A VER OH! | Por favor!, ou espabila hom! |
ADRAMÁN, CACHIMÁN | Algo ou alguén extremadamente grande |
AGHOSEO | Peixe alongado |
AH, RETRATO! | Idiota, tonto |
AI ,MIÑA VIRXIÑA DA BARCA! | Exclamación típica muxiá |
AÍ VEN O MAR! | Expresión que indica que se aveciña algo gordo |
AÍ VEN XAN POLA RÍA! | |
AI, MI MÁ! / AI MI MADRIÑA! | Expresión de asombro, sorpresa, etc… |
ALMANAQUE | Calendario |
ALMANAQUE! | Idiota, retrato, tonto! |
ALTALAPLANA | Volume moi alto, voz moi alta |
ANADAR AVOIADO/OU ABOIADO | Andar sen rumbo |
ANGASO | Balance brusco do barco |
ANGAZO ( con seso) | Mar de fondo no medio do mar |
APOF! | Expresión de sopresa |
APRÉTANCHE AS ZOCAS (con seseo) | Estás nun apuro |
AQUELAR | Facer calquera cousa |
AQUELOUTRO/A | Chamase así a calquera cousa que se queira nomear sen decir o seu nome. Esta palabra é un comodín para nomear ás cousas |
ARRÍA A “ PESCADILLA”! | Paga, solta os cartos |
ARRÍA! | Solta! |
ARROÁZ! ( con seseo) | Forma figurada de chamar á xente grosa |
ARROCHAR | Tirar |
ARTESA | Mesa de amasa-la broa |
ATABÁN | Membro sexual masculiño de grande tamaño |
ATALINGAR | Amarrar anzois no aparello |
AUGA / AGHUA DE OURIZOS (con seseo) | Dise de algo que non vale para nada |
BARULLO | A póla do piñeiro |
BASEAR | Perder color |
BIZCOCHÓN ( con seseo) | Biscoito grande e alto típico das festas muxiás |
CABELLÓN | Peixe tamén chamado rubio, alfóndega, berete, cavillón, escacho |
CACHOPO | Alga |
CADEIRA | Baleiro dunha gamela onde poñen o peixe |
CADEIRA | Silla de tres patas cun furado no medio |
CADOLO | Pé do millo cando está cortado |
CADUIRA | Tapón de gamela para baleirar a auga |
CAGHASTALLO | Desfeita |
CALA A BOCA ENTRUIDO | Díse a una persoa que non sabe o que fala |
CALMA CHICHA | Estar tranquilo o tempo e o mar |
CAN | Pedra que se utiliza para o palangre |
CANEAR | Pegar/ camiñar de forma inestable |
CANGREXA | Cangrexo ou nécora verde |
CANTÁN | Pedra grande |
CANTO MÁIS BURRO, MÁIS PEIXE | Canto máis intelixente máis se consegue |
CARALLO DE REI | Pepino de mar |
CARGADA DE POPA | Ter moito traseiro |
CARGADA DE PROA | Ter moito peito |
CARLINGA | Carrilana |
CARNEIRO | Nativo de Camariñas |
CAROCHO | Anaco de pan |
CARREIXO | Rúa moi estreitiña |
CHAMAR | Tirar, palmear una corda ou palangre |
CHAMBÓN | Que fai os traballos ao bruto,sen xeito |
CHE | Interxección habitual no cabo das frases |
CHEIRA QUE ARRECENDE ( con seseo) | Ule ben |
CHEIRAR A RUDA | Oler mal |
CHEIRAS QUE ARRECENDES ( con seseo) | Ules moi ben ( ou tes nova colonia) |
CHEO DE MOSCAS | Insulto, apelativo desprezativo( noxento) |
CHICAR O MAR CON UN TOLETE | Non dar feito |
COMA PUÑOS | Úsase para dicir que algo é moi grande |
COMAREA | Emprégase como sinónimo de moito, algo en grande cantidade.Por exemplo: Había comarea de xente/ quéroche comarea/ matou peixe comarea |
CONACHADA | Tontería |
CONACHAZO (con seseo) | Golpe na cabeza, preferentemente na frente |
CORVO | Nativo de Muxía |
COTELADA | Golpe nas dedas |
CUBETA | Chicador de madeira para a auga da gamela |
CUBICHETE | Lacena que hai na proa da gamela para gardar cousas |
CURAR O “CONGRIO” | Proceso artesanal de secado ao aire do congro |
CURRICÁN | Arte de pesca para xarretas, xardas e outros |
DÁLLE NA “FRENTE” PARA QUE NON COTE | —- |
DAR PUNTO | Coller os rapaces as vacacións da escola |
DAR UN REMAZO ( con seseo) | Dar un golpe, en termo mariñeiro |
DARSE AO CHEIRO | Darse moita importancia, querer aparentar máis do que un é |
DE PROA/ DE POPA | Por diante/ por atrás. Ir cara adiante/ ir cara atrás. Aplícase a tódalas cousas e persoas ainda que sexa un termo mariñeiro referido ao barco. |
DE PUNTA A CHICOTE | Dun lado a outro, dunha punta a outra , por toda a extensión dun lugar ou corpo- |
DONATO | Palabra cariñosa entre amigos |
É UNHA ROXA! | É una muller vella, de corpo moi delgado e seco |
ÉCHE ASÍ | Tes razón ou as cousas son así. Tamén expresión de resignación ante algo. |
ECHE O QUE HAI | Hai que conformarse, ou confórmate que non vai ser doutra maneira |
EEE QUE? EEE…. | Saúdo típicamente muxiá, é como dicir“ola que tal?”Resposta ao saúdo anterior |
EMPEZO ANTES DE QUE CANTE UN GHALO ( con seseo) | O máis rápido posible |
ENGUERELLA | Apeiro de labranza para sacar o esterco |
ES COMA UN TOXO | Es desagradable, arisco |
ES MÁIS BURRO QUE TRES PESCOS | Ser moi parvo |
ESCABEZAR (con seseo) | Romper o aparello no mar |
ESFURRICADO | Cagado, de sicha |
ESGHUNISAR | Mazar, abaticar |
ESMOLICAR | Esmagar o peixe |
ESMONIFAR | Abrir á metade a cabeza do congro para facerlle un oco e colgalo no banco |
ESPARAR | Armar o aparello do palangre |
ESPERRECHARSE | Abrirse de pernas, estricarse. Rirse moito |
ESPURRIFADA | Parte rompente dun tombo de mar |
ESTAR AQUELOUTRANDO | Estar facendo algo |
ESTAR CHOCANDO | Dise cando una persoa vai caer enferma |
ESTAR COMA UN ALGHASO | Estar mareado |
ESTAR COMA UN CONGRO | Estar bébedo |
ESTAR COMA UN CORAL | Estar moi limpo |
ESTAR COMA UN POTE | Dise de algo que está moi escuro. Do tempo que está pechado de néboa. Referido a una persoa é estar moi moreno |
ESTAR COMA UN ROBALO | Estar borracho |
ESTAR COMA UN TRINQUETE | Ser moi bo mozo ou boa moza. Ser moi guapo |
ESTAR COMA UNHA PATENA | Estar moi limpo |
ESTAR COMA UNHA TREPIA | Estar tolo |
ESTAR DE SICHA | Estar de cagarría |
ESTAR EMPITADO | Estar moi mollado |
ESTAR NAS BATUECAS | Pensar en algo e non prestar atención |
ESTAR SEN CHICA | Non ter nada de cartos |
ESTÁS AFUMADO! | Estás medio borracho |
ESTORNELA | Billarda |
ESTRICADO | Estirado de brazos e pernas, deitado deste xeito |
ESTROBO | Corda que une o remo á gamela. Aplicado a una persoa é alguén apoucado no traballo. Bulto, inútil |
ESTRUCHÓN | Apretón/ tamén dor intensa no lombo o una barriga |
FACER A LOUZA ( seseo) | Fregar os pratos |
FACHO CERRADO, VENDAVAL Ó RABO ( seseo) | Refrán que predí mal tempo, cando se cubre o Facho ( monte muxián) hai vendaval |
FAIME UNHA AFOTO | Faime una foto |
FATÍA | Lombo do peixe |
FEO COMA UN CROIO | Moi feo |
FIEBRE | Escarapote |
FOCHANGO | Cova |
FORON OS BIRELES Ó FONDO | Farras e borracheras |
FUMO | Fume |
FURNA | Grutas na costa, nas rochas |
GHABIETE | Tipo de roldana |
GHABLETE | Tipo de roldana |
GHALDROMEIRO | Persoa que lle gusta andar co limo, persoa porca |
GHALDROMO | Limo, limoallo do peixe. Porquería, cousa que non vale |
GHALICOSO/A | Alguén moi esmirriado. Tamén alguén orgulloso |
GHALORCHO | Zapato vello, o que polo tanto lle tes moito cariño pois dáseche moi ben |
GHAMELA | Chalana típica de Muxía coa popa chata e fondo plano |
GHARULA | O que queda de escoller o percebe, ou percebe pequeno |
GHASTO | Follas dos piñeiros |
GHORGHOSO | Colo da botella |
GHOSEFELLO | Peixe raro. Persoa fea |
GHUATACA | Idiota, cantamañanas, pelotilleiro |
GHUNISO | Pequeño, cativo, esmirriado |
HAI ESCA! | Dise cando alguén está medio borracho |
HAI XURELOS NA RÍA! | Dise cando alguén arraña o cú |
IR A TODA EN BANDA | Andar moi rápido |
IR Ó SENTINOLO | Ir subido nos ombros de alguén |
IR VESTIDO DE GARDA | Ir moi elegante |
ISCAR | Poñer a carnada (en Muxía “ encarnada”) |
LAGHAÑOSO | Tacaño |
LAMPRO | Lámparo, lapa |
LAÑAR | Abrir o lombo do peixe ao longo |
LARGHAR O PALANGRE | Largar este aparello, pero úsase tamén para decir que se vai ligar con alguén |
LIAR O PALANGRE | Andar enredando as cousas |
LUMARADA | Cacharela de San Xoán |
MAL PEIXE NON SE PESCA | Todo o que se colle é bo ( consolación) |
MALO COMA A FAME | Algo moi malo |
MARMELO | Persoa que non se expresa conclaridade |
MARRALLA | Cordel |
MARROA | Muller que non pode ter fillos |
MATAR | Pescar |
MATAR O PORCO | Facer una aventura |
MATASTES ALGHO? | Pregunta se pescou algo |
MATRERO | Mentireiro, tramposo |
MEU PRIMO | Apelativo de confianza con xente que non é necesariamente da familia |
MIMÁ! | Miña nai! Expresión de sorpresa, alegría ,enfado |
MIÑA GHALANA/ MEU GHALANO | Miña rapaza/ meu pobre |
MOLLAR O “ANZUELO” | Non pescar nada |
MORNASEIRA | Tempo nuboso e inestable, pero con calor |
MORRIÑENTO | Porco, porcallán |
NA PROA/ NA POPA | Aplícase a calquera cousa para indicar a parte de diante e a de atrás |
NACRA | Nécora |
NIFROSO | Coma Lucas, Fernando, Pepe, Lolo, Xan,etc..vamos, homes en xeral |
NON ESTAMOS RICOS | As cousas non van ben/ non hai sentido |
NON HAI RABO DE PEIXE! | Non hai nada, non hai peixe. |
NON O CAGHA UN CORVO | Que é difícil de gañar, difícil de conseguir |
NON PESCA POR MALLA | Non fai falla que vaia perfecto |
NON SEN | Non sei |
Ó MOMO Ó MOMO | Como quen non quere a cousa |
PAMBOLAS | Persoa apampada |
PAMPALAMPÁN | Apampado, abobado |
PAN DE “GHUEVO” | Trenza de pan de ovo. Doce típico muxián |
PANDULLAZO | Pedrada grande |
PANDULLO | Pedra |
PARAPETO | Marisco coñecido como santiaguiño |
PARRALLADA | Horterada |
PARRALLO | Persoa esaxerada, algo mentireira ou que todo o sabe. |
PASTELÓN | Doce típico das festas muxiás, de mil follas, merengue e crema |
PERFIA | Bandexa, fonte para servir comida. Recipiente para coller auga |
PIOLLO VERDE | Nativo de Fisterra |
PLANCHADO | Que é adecuado, perfecto |
PLEPA | Lingua viperina |
PREA | Animal morto. Persoa porca, porcallán ou porcallana |
PRENDER | Enganchar algo/ acender |
PUFENTA/O | Persoa que non paga as súas débedas |
QUE NIN DIOS/ QUE NIN DIOLA | Adxectivos para dicir de algo que é moi bo |
RIZÓN ( con seseo) | Angla que se usa no palangre |
ROMPE A GHIEIRA | O mar rompe nunha zona preto de Merexo, cando é así quere dicir que o mar está bravo |
ROMPER AS FONTES | Treboada |
RUCHAR O FUCIÑO ( con seseo) | Desconfiar, dubidar , non estar conforme |
SALSEIRO | Salpicadura dun golpe de mar |
SARRETO/XARRETA | Badexo pequeno |
SE CHE DOE A CABEZA , DÁLLE CONTRA A ARTESA ( seseo) | — |
SENDIA | Sella |
SER MÁIS CAN CÓ CAN | Ser moi vago |
SICHA | Congro pequeno |
SICHA | Cagarría |
SISCO | Basura |
SISMÓN | Gruñón, protestón |
SUDAR A PICHE | Suar moito |
TAL PARA CUAL, MARAGHOTA E MEDIA | Dice de dúas persoas que son do mesmo xeito |
TARABELO | Instrumento de madeira para encarnar as nasas |
TEMPO GHALGHEIRO | Usase para definir o tempo atmosférico, que dentro do malo está bo. |
TENSA | Cando un aparello está preso no fondo |
TER UN BARCO GHRANDE | Ter una muller grande |
TEREIXOLA/ TAREIXOLA | Orella de mar |
TIRARSE DE BUSIOS | Tirarse ao mar de cabeza |
TOMAR UN APARATO | Tomar una copa |
TORNAR | Apartar/aguantar |
TRABALLAR A PESCA | Estar bébedo, mareado |
TRENLA | Cordas das casas de labranza |
TRINCATANZAS ( con seseo) | Persoa aparbada |
TUMBALAGHATO | Andar a tumbalaghatos é andar a voltas, de xeito non correcto. Un “tumbalaghato é unha voltereta |
TURRAR | Tirar ou empuxar |
UN MOZO/A COMA UN TRINQUETE ( con seseo) | Mozo/a moi guapo/a |
VAGHA DE MAR CAMPAL! | Mar moi revolto, mal moi encrespada |
VAI MIRAR Á PORTA DE CURRÁS A VER SI CHOVE | Expresión que se lle di a alguén que está molestando |
VAI PARDA | A cousa vai mal |
VAI XOUBA! | Vai ser boa! |
VÁISECHE A CACHOLA | Estar tolo de todo |
VALDREU | Desaliñado |
VALUME | Mestura de toxos e palla que se pon na corte dos animais |
VIRGHERÍA | Algo fantástico, marabilloso |
VOIAR | Voar |
VOLTA Á BOLA QUE É DE CEBOLA! ( con seseo) | Dise a alguén que é pesado , que anda sempre co mesmo conto |
VOU BOTAR UN FOGHETE | Facer sexo esporádico ou fornicar despois de moito tempo, e ver luces. |
VOUCHE MAZAR COMA UN PULPO! ( con seseo) | Vouche dar, vouche pegar |
XA FIXO FIRME | Picou o peixe |
XARAMIÑO | Irisación sobre o mar , ou os tombos do mar, que fan os remuiños de vento de forma esporádica |
XASPE | Palangre moi claro |
XA-XA | Xurelo “francés” |
XERGHÓN | Mariñeiro cativo |
XIBA | Cefalópodo cunha cuncha calcaría no interior. Chopo |
XIBALLADA | Peixe pequeño que viña no boliche e que non valía. Machacábase para engado |
XÍLGHARO | Persoa moi delgada |
vou para o mar pero moita LESTE hai . . |
hai moito vento/hai moita fame |
Esta moi ben,gustariame aportar una palabra que decia me bisabuelo Severo,que e a siguiente :vou para o mar pero moita LESTE hay.Que ten dos significados,por un parte que hay moito vento,e por outra que hay mota fame.
Un saludo para todos los muxians de un que naceo en Muxia crios-se en Fisterra,casosuse en Corcubión e vive en Palamós(Costa Brava).
Moitas grazas. Tomamos notas da túa aportación. Unha aperta a Fisterra, Corcubión e Palamós.
Non sei se é do voso interese mais en Marín meu pai, mariñeiro vello tamén se refire a pasar fame coa expresión que di Joaquín pasar unha Leste!
Pois claro que é do noso interese. Moitas grazas José Antonio. Saúdos.