Música

Banda de música de Muxía. Principios do sécilo XX

Neste apartado achegaremos músicas e músicos que enriquecen o  noso patrimonio cultural: o sr. Pazos de Merexo, o Alalá de Muxía na voz de Uxía Senlle e na de Xabier Díaz, a muxiá Eva Castiñeira, Chete Pose cantando a López Abente,Javier o do Cachafeiro etc…

PAZOS DE MEREXO:

Pazos de Merexo con Xurxo Souto na presentación da desaparecida Asociación Pedra dos Corvos, no ano 2006. Fotografía de Viki Rivadulla

Se queredes coñecer ben a este insigne muxián nada mellor que ler a semblanza que fai del o escritor e músico Xurxo Souto, no seu blog:
Pazos de Merexo. O mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte. ( pincha no título para ir ao blog de Xurxo Souto)
Tamén este artigo de Viki Rivadulla en Que pasa na Costa con motivo do duelo de acordeonistas no Rincón da Baiuca, o 16 de agosto de 2013. Pazos de Merexo. -pincha no nome para ler o artigo-
Pazos de Merexo en Alalá, da TVG:

O señor Pazos de Merexo con Kepa Junquera, no Couto:

Kepa Junquera e Pazos de Merexo no Couto from quepasanacosta on Vimeo.
EVA CASTIÑEIRA

Fotografía de Eva Castiñeira na contraportada do disco “Recolleita”

Eva Castiñeira naciu no lugar de Agranzón, en Muxía. E emigrou ao barrio coruñés de San Pedro de Visma para traballar como asistente doméstica.
Aos oito anos xa cantaba con outras dúas pandereteiras veciñas da bisbarra, actuando en bailes e romarías da zona.
Aprendeu a tocar a pandeireta e ás veces tocaba coa súa irmá Engracia. Hai quen dí que se fixo coñecida tocando co cego Florencio, cecáis o último cego cantor co que facía parella artística. El tocaba o violín. ( Ainda que outra información que nos chega dí que nunca tocaron xuntos e que se asocian os nomes polo disco que se publicou e levaba unha parte de música de Florencio e outra parte de Eva)
Seguramente a nena Eva Castiñeira alegrou moitas festas coa súa música e xa adulta convertiuse nun tesouro vivo da música tradicional.
As pezas de Eva son todas herdadas da tradición popular oral, ainda que ela adaptaba as letras. Moitas pezas chegan ata nós grazas ao traballo de Eva.
Na actualidade o grupo Leilía dedícalle o seu disco ConSentimento  e mesmo preocupáronse de facer chegar ao Concello de Muxía información sobre ela.. Pinchando na seguinte ligazón podedes ler o que Leilía escribe sobre Eva:
http://leilia.net/wp-content/uploads/2011/04/consentimento-Leil%C3%ADa.pdf
Eva Castiñeira ( que era de Agransón- Muxía) e Florencio ( o cego dos Vilares):
Pinchando no seguinte enlace pódese ler o texto de Leilía sobre Eva, no seu disco ConSentimento:
consentimento-Leilía
E aquí podes  ver cancións de Eva:
Este é o texto do seu disco con Cego dos Vilares:
 E a contraportada do disco:
consentimento-Leilía
DIFERENTES VERSIÓNS DE TEMAS ADICADOS A MUXÍA:
Unha fermosisíma versión do Alalá de Muxía, por Uxía Senlle:

Chete Pose canta o poema Muxía, de Gonzalo López Abente:
Chete cántalle á Nosa Señora da Barca from quepasanacosta on Vimeo.

Chete Pose canta o poema No monte Corpiño, de Gonzalo López Abente:
Chete cántalle aos Penedos from quepasanacosta on Vimeo.

Xabier Díaz canta o Alalá de Muxía noutra versión tamén ben fermosa:

Alalá de Muxía, por Paulino Pereiro

Pasodoble de Pazos de Merexo:

A Romaxe da nosa señora da Barca, de Lorca, na voz de Ugía Pedreira

Outra versión da Romaxe da Nosa señora da Barca, de García Lorca, na voz de Amancio Prada:


JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ (JAVIER O DO CACHAFEIRO)

Fotografía de Diario de Ibiza

Queremos dar espazo tamén ás novas xeneracións. Muxía é un país de músicas e músicos e disto da boa conta o bo facer do noso veciño Javier do Cachafeiro, todo un virtuoso. El mesmo contounos así a súa relación coa música:
Nado en Muxía (A Coruña) o 25 de Agosto de 1982.
Empecei esta historia do mundo da gaita con 8 anos, raíz da inquedanza que sentía ó escoitar eses sons que emitía un instrumento cheo de paus que tocaba meu veciño naquel entonces, “Koke”, gran gaiteiro autodidacta ben conocido por tódalas muxiás e muxiáns. Foi el quen me iniciou e me axudou a dar os primeiros pasos neste intrumento, e gracias a él que me regalou un punteiro de gaita tallado por el mesmo, meus pais encargaron a o mesmo artesán de dito punteiro, as outras partes da gaita que me faltaban, así conseguín a miña primeira gaita.
Un tempo mais tarde seguin o camiño co mestre Xavier Varela (O rubio de Buño), tamén ben coñecido en Muxía e o cal impartía clases na asociación cultural “Punta da Buitra”, probablemente se esta asociación non existise, hoxe non estaría falando disto, polo que merece unha mención especial pola miña parte o labor impartido e proxectado por dita asociación en moitos de nós
Co Rúbio de Buño estiven a meirande parte do tempo de aprendizaxe e logrei afianzar o instrumento, ampliar moitísimo repertorio e descubrín o amplio mundo da gaita e a percusión.
Logo dun tempo un pouco alonxado da música por motivos laborais, retomo o instrumento con forza e ganas na asociación xuvenil Xacarandaina da Coruña, da man de Serxo Nunhes, con el aprendín a perfeccionar a técnica e o intrumento
Nese transcurrir, impartín clases de gaita e percusión tradicional galega en Muxía na “Punta da Buitra” e en arredores, Córcubión, etc… , desas datas fundei “Os Xaramiños do Corpiño” grupo que hoxe en día aínda esta en activo.
No 2009, cousas do destino, trasladeime a vivir a Ibiza, donde en pouco tempo o ver que non tiña con quen tocar tiven que buscarlle solución, comecei a impartir clases de gaita e percusión tradicional galega, formando o grupo de gaitas “Ardello eixo”, grupo actualmente en activo e no que sigo tocando e a día de hoxe, tamén sigo dando clases.
http://ardelloeixoibiza.blogspot.com.es/?m=1
A día de hoxe a perspectiva músical e seguir así, non baixar o pistón, facendo cousas novas, compoñendo temas novos, e levar o nome de Muxía sempre ben alto conmigoonde queira que vaia.
A nivel curriculum músical e premios poderíase destacar:
Dous anos de clarinete e tres de linguaxe musical na escola de música “Can Ventosa” (Ibiza), á vez que me iniciei autodidacta na zanfona, noutro tipo de gaitas como a Asturiana e a escocesa e tamén nas técnicas de toque pechado que hai na gaita galega , das que gusto tocar bastante, (no primeiro link toco deste xeito pouco habitual actualmente).
Na traxectoria profesional, realicei numerosas actuacións por todo o territorio nacional e algunha internacional en todo tipo de eventos, festivais, colaboracions, concursos, etc…
Tamén ten varios premios en interpretación coa gaita galega como:
– 3º premio concurso de cuartetos tradicionais “Xiradela” 2008 co
cuarteto “Comarea” en Arteixo (A Coruña).
– 1º premio concurso de cuartetos tradicionais “Xacarandaina” 2010
co cuarteto “Comarea” en A Coruña.
– 2º premio concurso de gaiteiros solistas “Santiaguiño do monte” 2010
en Padrón (A Coruña).
– 2º premio concurso gaiteiros solistas “Xacarandaina” 2012 en A Coruña.
– 2º clasificado no concurso internacional de gaiteiros solistas
Trofeo McCrimmon, celebrado en Lorient Agosto 2015.
Percorrido musical:
– Gaiteiro da “A.C. Punta da Buitra” de Muxía dende 1993 a 2008.
– Gaiteiro da “A.X. Xacarandaina” A Coruña dende 2007 a 2009
– Colaboracións co “Coro Ciudad de Ibiza”.
– Colaboracións co grupo de música medieval “Trobairitz” Ibiza.
– Gaiteiro no grupo folk “The moonshine band” Ibiza.
– Compoñente do cuarteto de gaitas “Comarea” Costa da Morte dende 2008.
– Gaiteiro e fundador do grupo de gaitas “Os Xaramiños do Corpiño” de
Muxia (A Coruña).
– Gaiteiro e fundador do grupo de gaitas “Ardello Eixo” de Ibiza.
– Númerosas colaboracións con grupos de música tradicional do país.
– Mestre de gaita e percusión dende 2007.
– Realización de masters class de afinación de gaita galega
Algúns enlaces para ver a Javier:
-O 1º, e no concurso de gaiteiros solistas Xacarandaina no ano 2012, levaron o 2º premio, toca con Oscar Vieites,  outro gran músico muxián e espectacular  tamborileiro, o peculiar desta actuación e que empeza co  Alalá de Muxia.

O 2º, e un video dunha das preselección  que se realizan en Teo (Santiago), previa concursar no trofeo de gaita Mccrimmon, este trofeo de gaiteiros solistas é o máis importante que hai nesta modalidade, celébrase no feltival interceltico de Lorient en Francia, e neste concurso tócanse tres sets de música diferentes, un de gaita Bretona, un de gaita Galega, e outro de gaita asturiana, de aí a dificultade do mesmo, xa que podes usar tamén os tres tipos de gaita que son moi diferentes, no ano 2015 Javier acadou o 2º premio

O 3º  video é un concerto no que dalgunha maneira se dignifica a gaita, ó porse ó nivel do violín e piano nun escenario. Foi un concerto feito en Ibiza donde apenas se ven gaitas,(agora algo máis desde que anda Javier por alí). Esta o concerto completo no youtube.

XOAN CURIEL E A FURNA DA BUSERANA

concerto en Moraime no 2018

O compositor e cantante Xoan Curiel ten no seu último disco, “Treides comigo”, unha canción coa letra do poema de López Abente adicado á Furna da Buserana. Todo o disco é unha marabilla, mais esta peza é especialmente fermosa e fainos sentir toda a maxia da nosa furna ao pé do Monte Cachelmo. No seu traballo está acompañado pola cantante e filóloga Iris Gey.

Hai uns anos tivemos o pracer de escoitalos en concerto na igrexa de Moraime, con outro dos seus traballos

Disfrutade da peza “A FURNA DA BUSERANA” pinchando aquí:

A letra do poema de López Abente:

Monte Cachelmo ti tes

negras, moi negras entranas;

nelas rebuldan treizoeiras

as ondas que o mar espalla.

Coa túa altivés, Cachelmo,

non me enganas, non me enganas,

que antre os teus penedos brancos

e as túas verdes carrascas

agochada tela boca

da furna da Buserana.

Gonzalo López Abente

No seguinte enlace podedes escoitar os outros temas do disco-  cantigas relacionadas con lugares polos que descorre o Camiño- e obter máis información sobre o mesmo:

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_513/treides-comigo-xoan-curiel