Sons

Neste apartado imos ir subindo gravacións de sons característicos de Muxía.
Unha vez máis pedimos a colaboración vosa. Podedes enviarnos gravacións que vos consideredes que definen o noso medio, por exemplo: o son dos palillos ( ou panillos) das palilleiras ( ou panilleiras), o son do vento e o mar un día de temporal, o son da pedra de abalar, o son das rúas no mercado das rutas do mar, o son cantareiro da nosa fala, a traca do domingo da Barca, etc…
Agardamos as vosas gravacións.
O SON DA PEDRA DE ABALAR.
O diario dixital da Costa da Morte Que pasa na Costa, ven de subir un vídeo que mostra como soa a Pedra de Abalar, no artigo titulado Como soa a Pedra de Abalar cando abala?. Podedes ir ao artigo premendo no nome .
Podes escoitar sons de toda Galicia en escoitar.org. Aí podemos atopar un mapa onde podemos ir pinchando nas diferentes paisaxes sonoras que nos ofrecen. É moi interesante.