Galerías Fotográficas

Se queredes colaborar enviando fotografías podedes facelo en:
proxectobuserana@gmail.com
*********************************************************************
As fotos que compoñen as nosas Galerías Fotográficas foron cedidas por veciños e veciñas de Muxía, polo que pedimos que non sexan utilizadas fóra do contexto para o que foron cedidas, xa que moitas son fotos familiares ou personais que gardaban nas súas casas, e con grande estima , as familias muxiás que nolas cederon. Se se quere facer uso delas rogamos que  solicitedes permiso e fagades constar logo a procedencia das imaxes , é dicir Proxecto Buserana.
Temos moitas fotografías sen colgar que tentaremos ir mostrando pouco a pouco.
As Galerías estrutúranse en varios apartados que van encabezados por un anaco dun poema  de autores relacionados con Muxía.
A INFANCIA
Escola das Casas Novas,
homilde escola aldeana
de mesas d-enxebre pino
por cen tintas borranchadas,
donde, felices, pasaron
mil horas da miña infancia
sedenta de sabedencia,
con inquedades románticas…
   Xervasio Paz Lestón

Outubro 1965. Escola da Muxía. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Cedida por José Manuel Mouzo. Ano 1950

Fotografía de Gonzalez. Cedida por José Mº Touriñán Currás

O poeta X. H. Rivadulla Corcón, canda neno, co seu avó Manuel do Casino. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta

Fotografía cedida por José Mª Touriñán. El é o neno do centro. Os outros dous: José Canosa e Tonecho de Rosa.

Xusto Benlloch e Pancho Grille, 2 de xuño 1967. Cedida por Xusto Benlloch

xogando na ribeira. Foto de J. E. Rivadulla Porta

foto de J.E. Rivadulla Porta

Escola de Muxía. Cedida por Rolando Barrientos

Ano 1966, comunión de José María Barrientos Rey. Fotografía cedida por el mesmo

Fotografía cedida por Xusto Benlloch Diz

 FESTAS E CELEBRACIÓNS
“(…) ¡Con cánta melancolía
de entre as lembranzas me chegan
os ecos doces i amargos
de aqueles días de festa!(…)
(…) ¡Cómo me acordades sempre
doces festas derradeiras
pasadas no chan nativo
antes de voltar para América! (…)
  Xervasio Paz Lestón

Foto Caamaño. Entroido , ano 1931. Cedida por José Mª Touriñáns Currás

Foto de Ramón Caamaño, do 15.03.1936. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Fotografía de Ramón Caamaño. Entroido. Cedida por Losé Mª Touriñán Currás

Manolo, o zapateiro. Fotografía de Xerarado Haz Lema

Fotografía de Ramón Caamaño , datada no 17.06.1966. Cedida por J.M. Touriñán

 

Coroación canónica da Virxe da Barca.15.08.1947. Foto Novoa, cedida por José Mª Touriñán Currás

Coroación Canónica da Virxe da Barca. 15.08.1947. Foto Novoa, cedida por José Mª Touriñán Currás

Festa de Corpus. Altar do Cabo da Vila. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Altar da Camposa. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Altar da Casa Reitoral. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Altar da Praza da Cosntitución. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Alfombra de espadanas. Foto de Iago Toba Campaña

MEMORIA E SOCIEDADE
“ (…)Se pensas en todos os sargos
que comemos xuntos,
na ausencia haberá unha mensaxe:

Os peixes compartidos
teceron unha vida
indestrutible”
     X. H. Rivadulla Corcón

Foto Caamaño.16.09.1957. Cedida por José Mª Touriñán Currás

12.09.1965. Foto cedida por Rolando Barrientos

Agosto 1986. Homenaxe a Ramón Caamaño en Muxía, organizado por mozas e mozos da vila. Foto cedida por Viki Rivadulla

Homenaxe a Ramón Caamaño en agosto de 1986, organizado por uns mozos e mozas de Muxía. A primeira homenaxe que se lle facía a Caamaño en solitario en Galicia, e a primeira en Muxía. Viki Rivadulla fai entrega da placa conmemorativa a Caamaño. O xantar fíxose no Restaurente La Sirena. Fotografía cedida pola familia Rivadulla Porta

Foto cedida por Paco Lago

Foto de Ramón Caamaño, do 23.07.1953. Cedida por José Mª Touriñan Currás

Foto Caamaño, do 31.05.1966. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño, do 31.05.1936. Cedida por José MªTouriñán

A Rambleta e , ao fondo, a flota de Muxía a finais dos 70 ou principios dos 80. Fotografía de Rivadulla Porta

A Rambleta e , ao fondo, a flota de Muxía a finais dos 70 ou principios dos 80. Fotografía de Rivadulla Porta

Foto Caamaño. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Manolo de Arajú, fotografía de Xerardo Haz Lema.

Foto Caamaño, do 26.08.1967. Cedida por José Mª Touriñán

As mulleres no forno. Foto de Ramón Caamaño. Cedida por Viki Rivadulla

Foto Caamaño, de marzo de 1966. Cedida por José Mª Touriñán Currás.

Foto de Caamaño, de marzo de 1969. Cedida por José Mª Touriñán

Fotografía cedida por J.M.Touriñán Currás

Foto de Caamaño, do 12.08.1973. Cedida por Rolando Barrientos

Foto de Jesús Currás. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Foto González, do 12.10.1965. Cedida por Rolando Barrientos

Foto González, do 14.09.1969. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Fotografía cedida pola familia Pérez Vila

Manolo de Arajú observando aos políticos. Fotografía de Gerardo Haz Lema

Foto González, de 1964. Cedida por José Mª Touriñán

Foto González , do 05.02.1967, cedida por Rolando Barrientos( Joseíto e Manolo de Elvira, ao fondo os fotogramas de “El último mohicano”, no desaparecidocine de Engracia

O cine de Engracia , ou Cine Mugía ( diante os seus propietarios). A lembranza deste cine contén centos de historias dos muxiáns, é unha caixa máxica da memoria colectiva de Muxía. Desgraciadamente, hoxe xa non existe.Fotografía cedida pola familia Pérez Vila

Foto González, cedida por Rolando Barrientos

Fotografía cedida por José Mª Touriñán

Foto cedida por Teresa Barros

Restos da Capela da Encarnación, en Muxía. Foto de J. E. Rivadulla Porta

Eduardo “o Rata” no seu bar, O Náutico, máis coñecido como ” o bar do Rata”. Un bar mítico en Muxía, hoxe xa desaparecido. Fotografía cedida pola súa filla Marlene Sar Barrientos

Antiga Casa Consistorial. Fotografía do arquivo municipal

Cando se moviu a Pedra de Abalar. Foto cedida pola familia Rivadulla Porta

Familia de Joaquin do Casino.

Fotografía cedida por Rolando Barrientos

O Bar Pedra dÁ

Foto cedida por Paco Lago

Foto cedida por Paco Lago

Foto cedida por Paco Lago na que aparece Ramón Caamaño

Foto cedida por Paco Lago

Cando se destruiu a lonxa vella. Foto de Iago Toba Campaña

Lonxa vella de Muxía. Foto de Iago Toba Campaña

Pancho Grille, un luns da Barca de 1980. Foto cedida por Viki Rivadulla

Liga da Costa. Ano 1966. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Conversa entre os párrocos de Frixe, Vilatose e Coucieiro, na casa deste último. Cedida por Viki Rivadulla

Partido Muxía- Os Muíños. Fotografía cedida por José María Barrientos Rey

Campo da Arliña, anos 20. Foto de Ramón Caamaño. Cedida por Xusto Benlloch Diz.

O bar de Joaquín da Plaza e Pilar do Casino, situado na Calzada . Con eles as súas sobriñas Miñagros e Florita. Colgado do teito o “petro más” , para cando marchaba a luz.

Coro de Muxía, nos anos 80. Foto de Rivadulla Porta

Banda de música de Muxía. Cedida por Viki Rivadulla

Familia Conde Martínez ( os do Casino) . Cedida por Viki Rivadulla

Na porta do antigo Concello. Foto de Rivadulla Porta

Fotografía de Caamaño. Cedida por Charo Ramón

Manolo de Arajú observando aos políticos. Fotografía de Gerardo Haz Lema

Foto Alonso, datada no 12.12.1959. Cedida por Charo Ramón

A PAISAXE NA MEMORIA
“Quero vivir con vosco, meus currunchos amados,
quero vivir con vosco e con vosco morrer;
quero que me quezades dos meus fríos pasados
e, na vosa compaña, quero amar e crecer.”
Gonzalo López Abente

Rompendo a Pedra dos Corvos. Fotografía de Iago Toba Campaña. Esta pedra era algo totemico para as xentes de Muxía. Non hai muxián que non sentira algo doendo no peito cando se rachou esta pedra para construir o Porto Deportivo.

Regata de gamelas. Fotografía cedida por Felipe Sar Marcote

A Pedra dos Corvos. Fotografía de Rivadulla Porta , cedida pola familia

O Santuario da Braca sen as torres. Foto cedida por José Mª Touriñán Currás

A Barca coas recén estreadas torres. Foto de Caamaño, do 04.09.1959. Cedida por José Mª Touriñán

Cabo Touriñán en fotografía de Felipe Sar Marcote

O Herboso. Fotografía de Felipe Sar Marcote

A Furna da Buserana dende o barco de Felipe Sar. Fotogarfía de Felipe Sar Marcote

Antigas casas da Praza da Costitución. Foto cedida por José Mª Touriñán Currás

Fotografía de J. E. Rivadulla Porta, cedida pola familia

A vila de Muxía despois dunha vagha de mar. Antes de construir o dique novo, nos días de temporal o mar atravesaba a península onde se asenta a vila, inundando as rúas. López Abente fai alusión a esto no seu poema “O meu mar”. Fotografía do arquivo municipal

O Coído despois dunha vagha de mar. Fotografía do arquivo municipal

As antigas escolas da Camposa , despois dunha vagha de mar.06.02.1978. Fotografía González, do arquivo municipal

Gamelas de Muxía. Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

A Camposa. Foto de Rivadulla Porta

Antigo campo de fútbol de Muxía. Foto Rivadulla Porta

Foto Rivadulla Porta

Cartel á entrada de Muxía, que nos anos 60 daba a benvida promocionando o fin da ruta xacobea.Fotografía cedida por José María Barrientos Rey.

Muxía nos anos 70. Foto de Rivadulla Porta

O malecón co Corpiño ao fondo, anos 70. Foto de Rivadulla Porta

O muíño vello que estaba no malecón. ( Diante os irmáns Rivadulla Corcón e Viki Rivadulla)

Homes charlando no antigo peitoril. Foto de Rivadulla Porta

O cruceiro do Cabo da Grixa. Foto cedida por Charo Ramón. Nunha casa do Cabo da Grixa naciu o poeta Gonzalo López Abente, como el mesmo conta nun texto no que fai alusión a este cruceiro ao que temén lle dedica un poema. Na actualidade, na casa reformada que aparece na foto, a Fundación López Abente puxo unha placa para lembrar o nacemento do poeta niste lugar.

 RITOS E LENDAS
“ Pedra da Vela, Sala do Perello
Así chamada porque, en tempo antigo
Contan que un sastre vello,
Para coser, alí buscaba abrigo.”
   Victorino Abente Lago

Sala do Perello. Fotografía de Viki Rivadulla

Romeiros sobre a Pedra de Abalar. Foto de Iago Toba Campaña

A Furna da Buserana dende o mar. Fotografía de Felipe Sar Marcote

Pasando pola Pedra dos Cadrís. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta

Fonte da Pel. Situada no antigo Camiño da Pel, por onde entraban os peregrinos cara a Barca . Neste lugar aseábanse . Fotografía de Rivadulla Porta

Ao fondo a Sala do Perello , entre as hortas do Corpiño. É un lugar de lendas, dise que aí vivía un xastre. Fotografía de Rivadulla Porta

Panos na Virxe do Espiño, en Trasufre. Lavarse coa auga da fonte e deixar o pano a secar, é un ritual que cura as verrugas. Foto de Xerarado Haz Lema

Na Virxe do Espiño, Trasufre. Foto de Xerarado Haz Lema

A ROMARÍA
“Ramo de froles parece
Muxía a das altas penas
con tanta rosa espallada
naquela branca ribeira,
con tanto caraveliño
que relose antre as areas,
con tanta xente que corre,
que corre e se sarandea
ó son das gaitas que tocan
e das bombas que reventan,
uns que venden limoada,
outros augua que refresca,
aqueles dulce resolio
con rosquilliñas de almendra;(…)”
 Rosalía de Castro

Baile no campo da Barca. Foto de J. E. Rivadulla Porta

Fotografía cedida por Felipe Sar MarcoteFotografía cedida por Felipe Sar Marcote

15 de setembro de 1969. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Foto Caamaño, do 13.09.1965. Procesión da Barca. Cedida por José MªTouriñán

Roamaria da Barca. Foto Caamaño, do 15.09.1963. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño, do 15.09.1969. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Foto Caamaño, do 14.09.1970. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño. Setembro, 1964. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño, do 14.09.1969. Cedida por José Mª Touriñán

Fotografía de J.E.Rivadulla Porta. Cedida por Viki Rivadulla

Os cabezudos da Romaría da Barca, a finais dos anos 70, princios dos 80.Foto de Rivadulla Porta.

Fotografía de Rivadulla Porta

Romaría da Barca. Anos 70. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Fotografía de Rivadulla Porta

Na Romaría da Barca, anos 60-70. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta. Cedida pola familia

Fotografía de Rivadulla Porta

ROSTROS SALGADOS
“ A patria do mar
Son os vellos mariñeiros
Que converten o mar en algo  humano.

Sen eles o mar non sería
máis que auga
sen misterios, sen historias,sen paixóns..”
     X. H.  Rivadulla Corcón

Fernando Carrera nunha foto de J. E. Rivadulla Porta

Eduardo, O Rata. Foto cedida pola súa filla, Marlene Sar Barrientos

Eduarso, O Rata , nas pedras. Foto cedida por Marlene Sara Barrientos

O Caseiro. Foto de Xerardo Hal Lema ( Ucho)

Juan de Fisterra. Fotografía de Xerardo Haz Lema

” O Caseiro”. Fotografía de Xerardo Haz Lema

Pedro, o Pexegho. Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

Manolo de Arajú. Foto de Xerardo Haz Lema ( Ucho)

Marcelino, O Pulga , con José Enrique Rivadulla Porta, nunha fotografía de Manolo Campos. Cedida pola familia Rivadulla Conde

Selvita ( Moraime). Foto de Xerardo Haz Lema ( Ucho)

Juan de Fisterra ( ou Juan do Volante). Foto de Xerardo Haz Lema ( Ucho)

José de Mariana e O Piloto, charlando na ribeira. Foto de Xerardo Haz Lema (Ucho)

O fotógrafo Ramón Caamaño. Foto de Rivadulla Porta

O fotógrafo Ramón Caamaño, vendendo as súas postais xunto ao Santuario da Barca.Foto de Rivadulla Porta.

Fotografía de Xerardo Haz Lema (Ucho)

 O TRABALLO
“(…) E síguense as horas unhas tras das outras,
mortales, eternas, sin parar o afán
destes loitadores de ferro, incansables,
que tras dos loureiros da vitorea van.
Hastra que nun tombo de furores cheo,
que contra da orela veu a reventar,
chegou a Valente lancha pescadora
e  poido na area por fin acougar.(…)”
Gonzalo López Abente

Cedida por Mrlene Sar Barrientos

Gamela na rambleta. Foto cedida por José Mª Touriñán Currás

Fotografía cedida por Felipe Sar Marcote

Fotografía cedida por J.M.Touriñán Currás

Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

As mulleres de Muxía lavando as caixas do peixe.Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

Blandina e Hermogénea, que traballaban na casa do cura de Coucieiro, Manuel Canosa, nunha fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

Fotografía de Ramón Caamaño, datada o 29.08.1936. Cedida por José Mª Toutiñán Currás

2 reflexións sobre “Galerías Fotográficas

  1. Fermoso tesouro cultural. Desde fóra (son de Malpica), neste Catálogo Fotográfico, bótase de menos algunha foto máis antiga de como eran as rúas, vivendas, casetas, cañeiras, xentes, roupas, diferentes artes e embarcacións de pesca, palilladas,… Se as hai, que algunha ten que haber, engrandecería cun valor etnográfico, histórico e antropolóxico, esta xa moi valiosa páxina..- Felicidades pola idea, e ánimo polo traballo que dá..- Moitas gracias..-

Os comentarios están pechados.