A FURNA DA BUSERANA NA VOZ DE XOAN CURIEL

concerto en Moraime no 2018

O compositor e cantante Xoan Curiel ten no seu último disco, “Treides comigo”, unha canción coa letra do poema de López Abente adicado á Furna da Buserana. Todo o disco é unha marabilla, mais esta peza é especialmente fermosa e fainos sentir toda a maxia da nosa furna  ao pé do Monte Cachelmo. No seu traballo está acompañado pola cantante e filóloga Iris Gey.

Hai uns anos tivemos o pracer de escoitalos en concerto na igrexa de Moraime, con outro dos seus traballos.

Disfrutade da peza “A FURNA DA BUSERANA” pinchando aquí:

 

A letra do poema de López Abente:

Monte Cachelmo ti tes

negras, moi negras entranas;

nelas rebuldan treizoeiras

as ondas que o mar espalla.

Coa túa altivés, Cachelmo,

non me enganas, non me enganas,

que antre os teus penedos brancos

e as túas verdes carrascas

agochada tela boca

da furna da Buserana.

Gonzalo López Abente

No seguinte enlace podedes escoitar os outros temas do disco-  cantigas relacionadas con lugares polos que descorre o Camiño- e obter máis información sobre o mesmo:

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_513/treides-comigo-xoan-curiel