o Proxecto Buserana gaña o "Concurso de Ideas e Proxectos para Xestión Cultural"

Como podedes ver no Blog xestioncultural.wordpress.com, o Proxecto Buserana gañou o Concurso de ideas e Proxectos para Xestión Cultural que organiaba este blog do sector da Xestión Cultural galega.
Queremos agradecer o seu apoio ás persoas que votaron polo noso proxecto e ao blog a iniciativa , que permite crear un banco de ideas e intercambio de iniciativas entre os profesionais da xestión cultural.
Tamén queremos dar os nosos parabéns ao Proxecto Socheo, co que compartimos obxectivos e amor pola nosa cultura. Sen dúbida tamén aprenderemos moito deste proxecto e disfrutaremos os seus resultados, que redundan en beneficio de toda a comunidade galega.
Estamos moi satisfeitos por ter como finalista tamén  á Galería Mulleres, un programa do nosos Concello e que traballa pola visibilización e difusión do traballo da muller.
Agardamos que este recoñecemento sexa un motivo máis para seguir traballando e que vos animedes a continuar enviando materiais e ideas para o noso blog.

3 reflexións sobre “o Proxecto Buserana gaña o "Concurso de Ideas e Proxectos para Xestión Cultural"

    • Nos tamén vos felicitamos,; xa lle pediramos aos responsables do Blog de Xestión Cultural que vos trasladaran os nosos parabéns. Estamos na mesma liña de traballo e os nosos obxectivos son os memos. Parabéns polo voso traballo. Aquí estamos para colaborar no que necesitedes. Unha fonda aperta

  1. Pingback: Muxía arrasa nos premios de Xestión Cultural co Proxecto Buserana e a Galería Mulleres

Os comentarios están pechados.