“Galería Mulleres” do Concello de Muxía é un programa que destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc….
Cada mes escollemos a protagonista e elaboramos un cartel no que aparece a súa imaxe, datos sobre a súa biografía e a súa obra, enlaces web onde pode ampliarse información e unha lista dos libros dispoñibles na nosa Biblioteca da Muller que sexan de esa autora, no caso de que sexa escritora, ou libros relacionados con ela ou coa súa área de traballo Estes carteis repártense por todo o municipio e envíanse aos centros educativos.
Ademáis hai un espazo na web do Concello onde se colga o cartel e unha breve escolma da obra da muller á que se lle dedica o mes.
Toda esta información é enviada cada mes á prensa e a radio para que se fagan eco dela.
GALERÍA MULLERES naceu en marzo do 2010 co obxectivo de visibilizar a aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes, das ciencias …ámbitos nos que tradicionalmente apareceu infrarrepresentada.
Ao mesmo tempo serve como difusión do servizo da BIBLIOTECA DA MULLER, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía dende finais do ano 2008.
A Biblioteca da Muller inclúe obras escritas por mulleres, sobre mulleres ou sobre temáticas que afectan á muller …así hai obras sobre feminismo, obras sobre filosofía, antropoloxía, arte, literatura infantil, poesía, novela…. escritas por mulleres ou que aborden todos estes temas dende unha perspectiva de xénero.
OBXECTIVOS:
- recuperación e visibilización da aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes , das ciencias …ámbitos nos que tradicionalmente apareceu infrarrepresentada..
- sacar do anonimato ou do esquecemento a obra de grandes mulleres
- facer ver dunha forma gráfica ( impacto dos carteis na poboación) a cantidade de mulleres que fixeron e fan cousas importantísimas para todos e todas , espertando a curiosidade e interese no público sobre as mulleres escollidas cada mes
- erradicación de prexuicios e actitudes machistas ou misóxinas
- promoción do cambio de papeis e estereotipos sociais, implicando a mulleres e homes.
- promoción da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía como espazo para informarse sobre temas relacionados coa muller desde unha perspectiva de xénero de fácil acceso para toda a poboación
- homenaxear a mulleres que merecen polo seu traballo o agradecemento de toda a sociedade
- destacar o labor da muller dentro da cultura galega
CONTIDOS:
Cada mes elabórase un cartel sobre unha muller. A muller seleccionada destaca polo seu traballo en algunha área das ciencias e das letras. As mulleres escollidas son de calquera lugar do mundo, aínda que destacamos máis a miúdo a mulleres galegas.
O cartel leva sempre a imaxe da muller escollida. Esto é importante para identificala, e ademáis poñemos coidado ao escoller as imaxes, para que sexan imaxes fermosas e significativas que falen sobre esa muller.
Hai un traballo de documentación sobre a muller escollida co que se elabora unha breve biografía que non pode ser moi extensa, pois vai no cartel, pero si que ha de ser suficiente para espertar a curiosidade de quen non coñeza á muller escollida ou para lembrarlla a quenes xa a coñecen. Pretendemos que quen vexa o cartel queira coñecer máis desa muller.
En canto á Biblioteca da Muller, buscamos obras da autora escollida, ou se non temos obras dela ou sobre ela, suxerimos algún título relacionado coa temática do traballo dela. Así conseguimos que as persoas interesadas se acheguen á Biblioteca Municipal .
Tamén se fai un traballo de selección de textos ou de fotografías da obra da muller do mes. Esta escolma cólgase na web do Concello de Muxía, tamén co obxectivo de que quen a vexa queira saber máis sobre esta obra.
Por último, facilítanse páxinas web onde o público poida obter máis información.
Con este traballo rendimos un particular homexe a mulleres importantísimas para a nosa sociedade e á muller en xeral, pois estas mulleres son representantes do traballo e a valiosa aportación da muller á sociedade.
Conseguimos, así, que moitas persoas descubran pintoras xeniais, escritoras brillantes, filósofas imprescindibles….que en moitos casos non sabían nin que existían. Tamén espertamos interese pola lectura.
Pois ben, este mes a protagonista é Eva Castiñeira, pandereteira e cantareira muxiá, á que dedicamos un espazo no apartado de música de este blog. Alí podedes informarvos máis sobre esta muller de Agranzón que recuperou moitas pezas da música tradicional e que recentemente foi homenaxeada por Lelía no seu disco ” ConSentimento”.
