En Muxía hai moitas cousas que xa non están físicamente, pero que continúan na memoria dos muxiáns formando parte das vidas de cada un de nós. Así é a lembranza do Cine Mugía, ou o Cine de Engracia, aquel cine no que un mariñeiro, Marcelino o Pulga , facía as proxecións logo de vir de verse con peixes e polbos.
Nese cine medraron moitos nenos de Muxía. Algún, coma Rolando, leva un nome que saiu dunha película que viron os seus pais,”Rolando el Bueno”. Esto exprica de onde viña un nome que non tiña tradición nas familias de Muxía.
Nese cine xogamos, fantaseamos, bicamos, berramos,espadeamos, chuspimos,… fomos indios, romanos ou vikingos. Era unha nave para os soños de rapaces que tiñan coma mellor xoguete a propia fantasía. Ir cos amigos a ver as carteleiras e adiviñar naquelas fotos coloreadas a maxia da historia que iamos ver logo…
Entrar na sala escura e comezar a bulir por dentro. Os berros e silbidos cando había bicos en pantalla…e os cortaban!. As batallas no descanso…O sabor das pipas , esquivar os proxectís que viñan do ghaliñeiro….
E cando se averiaba a máquina, entón comezaba a outra película: a nosa. Saían indios e vaqueiros de debaixo das butacas , entre o pataleo e os berros.

Manolo de Elvira e Joseito, diante das carteleiras de "El último mohicano". Foto de 1967 cedida por Rolando Barrientos
Tamén houbo épocas nas que se facía baile. Un lugar máxico para socializar e atoparse cos amigos.
Hoxe o amigo Plácido Luaces Vila traenos estas fotografías que xa son do momento de decadencia do cine, cando ía ser derruido. Pero seguro que véndoas moitos muxiáns lembrarán momentos máxicos neste territorio tamén máxico que foi o noso cine.
Unha lembranza especial dende o Proxecto Buserana para Marcelino, o Pulga, para Engracia e toda a familia Pérez Vila.
Grazas Plácido, por enviarnos estas lembranzas e a Charo Ramón ,outra namorada de Muxía, que fixo de enlace para facérnolas chegar.
Disfrutade das fotos e soñade co último mohicano….



Viki al leer esto volvi por lo menosss 45-50años atras!cuantos recuerdos bonitos me vinieron rseguramente todos los d esa epoca recuerdan la cancion q decia”cuando voy por esos campos y me fijo en los laureleess”etcc.muchas gracias y un abrazo
Pingback: A última proxección do Cine Mugía
Grazas Viki cantos recuerdos!!! eu lembrome de moitas cousas o que máis me gustaba a parte das películas,era escoitar a música que poñian antes de empezar é nos intermedios,unha das miñas preferidas.Tres cosas hay en la Vida…Eu tamén teño unha foto diante do Cine con dúas amigas disfrazadas en Carnavales,non ten moi boa calidade pero é un recuerdo.Biquiños
Invitamos a todos a participar de esta iniciativa Radio Muxia Online